17/1/16

EL PRÍNCIPE DE LA NIEBLA
Carlos Ruíz Zafón
O príncipe da brétema é unha novela xuvenil de Carlos Ruíz Zafón publicada orixinalmente en lingua castelá en 1993, acadando ese mesmo ano o Premio Edebé de Literatura Xuvenil.  
A historia está ambientada en xuño de 1943. Unha familia escapa da II Guerra Mundial, indo vivir a unha vila na costa atlántica. O protagonista (Max de 13 anos), e a súa irmá (Alicia, de 15 anos) coñecen a Roland, outro rapaz da vila, que lles amosa a gran cantidade de maxia e fantasía que rodea á vila, ó mar, e á súa casa. Os anteriores propietarios da casa sufrirán a persecución dun estraño personaxe ata saldar unha antiga débeda.


O AUTOR:
Carlos Ruiz Zafón, nado en Barcelona en 1964, é un dos autores máis lidos e recoñecidos en todo o mundo. Inicia a súa carreira literaria en 1993 con O príncipe da brétema, o primeiro título dunha triloxía da que tamén forman parte O palacio da medianoite As luces de setembro  e máis tarde Mariña. En 2001 publícase a súa primeira novela para adultos, A sombra do vento, que pronto se transforma nun fenómeno literario internacional. En 2008 publica O xogo do anxo e en 2011 O prisioneiro do ceo. As súas obras foron traducidas a máis de cincuenta linguas e conquistaron numerosos premios e millóns de lectores no cinco continentes.

Se vos apetece podedes facer esta ficha de comprensión do libro para que vexades que tal o entendéchedes. Se queredes facela picade aquí.

10 comentarios:

Alex Carril 2ºB dijo...

Gustoume moito o libro menos o final, xa que morre un perxonaxe.
Pero o libro entretiome moito mentres o leía.
Espero leer máis libros así.

miriam 2ºA dijo...

o libro está ben,entreten moito pero estaba mellor Pomelo e Limón.

Pablo Formoso Barrientos 2ºA dijo...

O libro gustoume pero as 50 primeiras páxinas foron moi aburridas o resto do libro estivo ben. Epero que no próximo sea entretido todo o libro.

Iván 2ºA dijo...

O libro gustoume moito e foi moi entretido de leer. Termineino moi rápido xa que me enganchei con él, espero que os demais libro sean tan entretidos como este e tean unha historia tan boa coma a que ten este libro.

Juan 2B dijo...

Este libro non me gustou moito, unha das razons e que me era moi lioso iso de que o pai e o rapaz comparten nome

César Carvalhal 2ºA dijo...

A min o libro gustoume moito,porque xunta unha serie de temas como o misterio,o amor,
o terror,a fantasía e a aventura,e por iso amin gustoume. E aparte e un libro que me enganchou, e dicir que leia un par de páxinas e queria saber como seguía. Espero que o próximo libro sexa igual de entretido.

Carla Valiña 2º A dijo...

A min o libro a verdade é que me gustou moito. Ao principio resultoume moi aburrido pero despois enganchoume, non podía parar de ler, aínda que a min xa me gustan as historias de terror e era ler e asustarme coma se vivira a historia con eles, así que pódese dicir que é un bo libro.

Lucas 2°A dijo...

A min o libro gustoume,as primeiras páxinas resultáronme aburridas,pero a partir do capítulo 8 empezoume a ser entretenido.É unha historia entretenida.Espero mais libros así ou mellores.

Moisés P dijo...

hola, o libro gustoume pero era un pouco aburrido as veces e daba un pouco de medo algunas veces.

Martín Luaces dijo...

Foi un libro entrtido, nunca lera un parecido; nunca lera un parecido. Gustaríame un final mellor pero debe ser o adecuado. Esperando o seguinte.😱