19/12/16

O NENO DO PIXAMA A RAIAS / EL NIÑO CON EL PIJAMA DE RAYAS
John Boyne
Aínda que o habitual é describir as características da obra que estamos a ler, por unha vez faremos unha excepción, porque estamos convencidos de que explicar o seu  contido estropearía a experiencia da lectura. Cremos que é importante empezar esta novela sen saber de qué trata. Acompañarás a Bruno, un neno de nove anos, cando se muda coa súa familia a unha casa onda unha cerca. Hai milleiros de aramados coma ese en moitos sitios do mundo; só desexamos que nunca te atopes con ningún, e se o fas, que teñas forza para librarte del...
Esta novela do escritor irlandés John Boyne converteuse nun fenómeno mundial, e foi traducido a máis dunha vintena de idiomas e ten unha adaptación cinematográfica.Por último, cabe aclarar que este libro non é só para adultos; tamén o poden ler, e sería recomendable que o fixeran, rapaces e rapazas a partir dos doce ou trece anos de idade.
                                                                                  O editor
Este libro é unha forma de empezar a entender algunhas cousas terribles que sucederon en Europa no século XX, durante a II Guerra Mundial, e que seguro que a algúns vos sona de velas en películas. O malo é que desta volta as cousas pasaron de verdade, tal vez non exactamente como contan as pelis, pero igual de terrribles. Con este libro diante pódese falar de moitas cousas, averiguar outras da nosa historia recente e pararse a pensar como debemos facer para que algo así non se repita nunca máis.

6 comentarios:

Nerea Santos 2ºA dijo...

Gustoume moito este libro,xa que expresa a realidade do que pasou hai uns anos. Paréceme moi interesante saber o que lle pasou aos nosos antepasados ,e da forma na que actuamos para non volver cometer os mesmos erros. Interesaríame ler máis libros coma este.

Carolina Pasantes 2ºA dijo...

Este libro gustoume moito,por expresar a realidade.Hai algunhas escenas que se parecen as de un mostrue ven a verme.
espero volver a ver a pelicula mais veces porque me pareceu moi interesante e gustoume moito.

Helena Ameijeiras 2ºA dijo...

Pareceume un libro moi interesante. Deberiamos poñernos na pel deles, porque iso foi a realidade. Gustoume moito.

Yanira 2º A dijo...

Este libro gustoume moito, pero doume moita pena,a verdade e que conta moi ben o quen pasou dunha maneira moi doada de comprender.
e moi recomendable.

Ainhoa Rego 2ºB dijo...

A min este libro gustoume moito, eu aconsellaríao porque é moi emocionante

Tania Bouzas 2A dijo...

Un libro moi bonito ainda que no final dea un pouco de pena, pero por desgracia foi a realidade.