19/1/17

EL RASTRO BRILLANTE DEL CARACOL
Gemma Lienas
Sam ten 16 anos e síndrome de Asperger, unha forma lixeira de autismo. É un crac dos computadores, pero ten poucos amigos e cústalle interactuar cos demais na vida cotiá. Un día coñece a Martina e o seu mundo cambia. Gústalle moito pero non sabe como achegarse a ela, e ao pouco tempo descobre que un acosador a está poñendo nun grave perigo. Sam terá que esforzarse moito para superar as súas limitacións se quere axudala e desenmascarar ao culpable.


O libro explica como é, como pensa e sente Sam, o protagonista, un mozo con síndrome de Asperger. O libro tamén nos alerta respecto dos depredadores sexuais que axexan aos rapaces en Internet mentindo, inventando perfís e manipulando para obter o que queren.

Ninguén mellor para presentarvos este libro que a propia autora:


A AUTORA: Gemma Lienas
Gemma Lienas Massot (Barcelona, 1951). Filla dun pequeno industrial catalán e dunha ama de casa francesa. Estudou Filosofía e Letras na Universidade Autónoma de Barcelona. Nesta época compaxinou o seu traballo nun centro de psicoloxía coa docencia nunha escola para nenos borderlines, en cuxa fundación participou.
Empezou a escribir a mediados dos 80 e en 1986 publicou a súa primeira novela, Canellón sen saída, dirixida ao público xuvenil. En 1987, gaña tres premios literarios con diferentes libros. Do final deste período é a súa novela xuvenil Así é a vida, Carlota, que en 1990 gana a Mención de honra do IBBY.
A principios dos 90, unha enfermidade obrígaa a deixar o seu posto de responsabilidade e instálase en Nova York. Ao seu regreso a España reincorpórase ao mundo editorial e vive entre Barcelona e Madrid. 
En 1998 cambia o mundo da edición polo da escritura e instálase en Estrasburgo. A principios do 2000 volve a Barcelona e involúcrase na vida da cidade, especialmente con grupos que traballan a favor da igualdade das mulleres.
Colabora con columnas de opinión en diversos medios de comunicación e emisoras de radio.
Entres os personaxes que creou destaca especialmente Carlota. O diario violeta de Carlota (2001) é un dos principais éxitos da autora e o principio dunha saga na que Carlota vai  descubrir a sexualidade e a afectividade, a violencia de xénero, a bulimia, as drogas, etc.
A súa obra foi traducida a varios idiomas: alemán, eúscaro, italiano, portugués...
Unha entrevista coa autora na TVE.
A  súa biografía  e outras informacións segundo ela mesma no seu blog personal.

SÍNDROME DE ASPERGER.
Albert Einstein
Sam, o protagonista do libro é un asperger, un tipo de autismo. No programa La noche temática de TVE trataron este tema e puxeron este magnífico documental titulado "El cerebro de Hugo"É un pouco longo, pero a min pareceume moi interesante. Aquí vos queda por se a alguén lle interesa.
ASPERGA é a Asociación Galega de Asperger. Esta é a súa páxina web.

No hay comentarios: