O NENO DO PIXAMA A RAIAS / EL NIÑO CON EL PIJAMA DE RAYAS

John Boyne

Aínda que o habitual é describir as características da obra que estamos a ler, por unha vez faremos unha excepción, porque estamos convencidos de que explicar o seu  contido estropearía a experiencia da lectura. Cremos que é importante empezar esta novela sen saber de qué trata. Acompañarás a Bruno, un neno de nove anos, cando se muda coa súa familia a unha casa onda unha cerca. Hai milleiros de aramados coma ese en moitos sitios do mundo; só desexamos que nunca te atopes con ningún, e se o fas, que teñas forza para librarte del...

Esta novela do escritor irlandés John Boyne converteuse nun fenómeno mundial, e foi traducido a máis dunha vintena de idiomas e ten unha adaptación cinematográfica.Por último, cabe aclarar que este libro non é só para adultos; tamén o poden ler, e sería recomendable que o fixeran, rapaces e rapazas a partir dos doce ou trece anos de idade.

 O editor

Este libro é unha forma de empezar a entender algunhas cousas terribles que sucederon en Europa no século XX, durante a II Guerra Mundial, e que seguro que a algúns vos sona de velas en películas. O malo é que desta volta as cousas pasaron de verdade, tal vez non exactamente como contan as pelis, pero igual de terrribles. Con este libro diante pódese falar de moitas cousas, averiguar outras da nosa historia recente e pararse a pensar como debemos facer para que algo así non se repita nunca máis.

Comentarios

Jéssica Blanco López 2ºA ha dicho que…
A min este libro no principio pareceume un pouco pesado, pero cando cheguen a metade empezoume a gustar moito, o final é moi curto e moi triste, ademáis non nos da moita información do que sucedeu, pero pareceume una historia moi bonita.
Katia Barbeira Castiñeira 2ºA ha dicho que…
A min este libro gustoume moito , non se me fixo pesado de ler porque me pareceu unha historia bonita entre dous rapaces que non se coñecían de nada e que ao final se fixeron tan amigos. O final é moi triste.
Unknown ha dicho que…
Ola, son Laura Caamaño de 2.C.
Este libro pareceume interesante.Tiña moitras ganas de lelo, pero esperaba que fose distinto.
Marta Baña 2ºC ha dicho que…
Este libro encantoume, un pouco triste, pero da unha leccion da vida.
Unknown ha dicho que…
o libro está moi ben