31/1/18



PARQUE MUERTE
Fernando Lalana

Foi Eufemiano Cordiais, asesor de imaxe e xefe de prensa da multinacional armamentística española "Pistolas e proxectís, S. A", quen propuxo crear PARQUE MUERTE para mellorar a mala imaxe da empresa atraendo a nenos e familias. Segundo el, aos nenos a morte fascínalles. A morte e todo o que teña que ver con ela: os cemiterios, os vampiros, os zombis, os crimes, os cadaleitos, as pantasmas, as funerarias, as autopsias... E en efecto, todo funcionou segundo os seus plans ata que, ao cumprirse un ano da súa inauguración, produciuse unha situación realmente inaudita e, en certo xeito, aterradora, que podía dar ao traste cos plans dos seus propietarios, unha situación que, por suposto, se ocultou á opinión pública. Entón decidiron contratarme como detective privada...

Fernando Lalana nace en Zaragoza en 1958, cidade na que aínda reside. Tras estudar Dereito encamiña os seus pasos cara á literatura. Desde entón publicou máis de oitenta libros coas principais editoriais españolas do sector infantil-xuvenil.
Lalana gañou varios premios de Literatura Xuvenil: Gran angular (3 veces), Barco de Vapor, o da "Junta de Andalucía" e o Nacional de Literatura Xuvenil (por "Morirás en Chafarinas", levada ao cine). Apaixonado do teatro (Los pieles rojas no quieren hacer el indio), Fernando Lalana foi membro fundador do grupo Teatro Incontrolado e colaborou con diversas compañías e grupos independentes zaragozanos.

12 comentarios:

Álvaro 1°A dijo...

O mellor libro dos catro. Unha vez que empezas a ler xa non podes parar. A única pega e que foi demasiado corto, pero igual 10/10.

Ari 1º B dijo...

Este libro encantoume, paréceme de 10. Resulta moi rápido de ler e é moi bonito, non me esperaba que acabara así, pero gustoume moito. Recomendoo.

Alba 1ºB dijo...

A min o libro gustoume moito era moi facil de ler, pero ainda así creo que non supera ao "Las lágrimas de Shiva"

Joel 1º A dijo...

Me encanto mucho xdddddddd

Iván 1ºB dijo...

está muy bien

Noa Tedín Allones dijo...

Gustoume moito e bastante interesante e impresionoume moito.

Angel 1ºB dijo...

Pareceume un libro fermoso xa que o romance e o misterio danlle un toque que me encanta

Laura sar 1º A dijo...

O libro non está nada mal...
Pensei que ía acabar doutra maneira; pero vexo que queda mellor así, tal e como está.
Sinceramente recomendoó.

andrea 1ºB dijo...

gustoume moito.

ana canosa 1b dijo...

Gustoume moito e moi entretenido

BINETA THIAM THIAM 1ºB dijo...

Gustoume moitisimo este libro

LARA RODRIGUEZ 1º dijo...

GUSTOUME MUITO O LIBRO UN POUCO IRREALISTA PERO MUI CHULO