6/3/18



A MANSIÓN DOS PAMPÍN
Miguelanxo Prado

Desta volta tocounos a lectura de cómics, un que lemos todos e outro da nosa escolla entre os nosos personaxes favoritos da historieta. O que lemos todos é este dun dos máis importantes autores de cómics que ademais é galego: Miguelanxo Prado. Se picas arriba no seu nome entrarás na súa páxina.

O señor Indalecio Pampín e a súa familia están moi felices. A súa tía Isolina deixoulles en herdanza unha casa de campo, rodeada de terreos e dun río. Pero cando el, a súa esposa e os seus fillos adolescentes chegan á mansión... descobren que o que pensaban que era un soño converteuse no peor dos seus pesadelos. Empeza así unha das aventuras máis divertidas do cómic español dos últimos anos...
Moitas veces acontécennos situacións absurdas que non por iso deixan de ser reais. Un cómic cheo de ironía e humor que non podes perder.

Este libro sobre as desfeitas urbanísticas no país, foi encargado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia a Miguelanxo Prado para a súa difusión nos institutos.
Aquí tes algunhas imaxes doutros personaxes de cómics coñecidos: Pepe Gotera e Otilio, Corto Maltés e Lucky Luke.









15 comentarios:

Noa Tedín Allones 1ºA dijo...

Estaba bastante ben,pero a min gústame máis a narrativa ,inda que de pequena me gustaba moito Zipi e Zape.Agora tiro moito máis para os libros ca os comics.

María García dijo...

Non me gustou , (un pouco aburrido)

anxo 1ºB dijo...

no me gusto nada lo siento pero le doy un 3

Borja 1ºA dijo...

No me gusto es muy aburrido

Iván lema martínez dijo...

no me gustó nada.

andrea1ºB dijo...

non me gustou moito por que o tema non era moi intrigante

Joel 1º A dijo...

NO ME GUSTOU NADA 1 E CHEGA

Laura 1A dijo...

O libro era bastante soso.
Creo que é unha cousa persoal, xa que a min non me gustan os comics;imda así o tema a tratar era interesante pero eu penso que non era apropiado para nenos de 1º ESO.
Nota: 3

Alba 1ºB dijo...

Non me gustou moito. A min gustanme máis os libros narrativos. Estes tipos de bandas deseñadas non me gustan demasiado

martin 1ºA dijo...

no me gustou nada era muy aburrida

Angel 1ºB dijo...

Non me gustou demasiado xa que me pareceu moi aburrido.

Ari 1ºB dijo...

Non me gustou moito. Non resulta pesado nin difícil de ler, pero tampouco é moi entretido, parece algo moi normal, algo que podería ocorrer.

Bineta thiam 1ºB dijo...

Gustoume o libro moito.

JUAN 1ª dijo...

foi moi corto e non tiña nada para ler

Álvaro 1°A dijo...

Non ten unha boa trama nin che incita a seguir lendo, polo que non me gustou moito.