SEDA 
Alessandro Baricco

Seda, publicada en 1996, conta a historia de Hervé Joncour, sombrío personaxe que percorre o mundo en busca dun exótico cargamento: vermes de seda. Viaxa repetidamente a Xapón, daquela completamente aillado de occidente, para adquirir ovos de vermes de seda e así abastecer á industria de Lavilledieu, o seu pobo que, grazas a estas viaxes, despega economicamente. Ata que un día regresa cunha carga aínda máis delicada, o recordo duns ollos que se cruzaron cos seus nun silencio cargado de posibilidades latentes.

Mestura de historia e fábula, relato delicado sobre o amor, dun erotismo contido, Seda está tecido de silencios, de xestos case simbólicos, que recubren unha paixón volcánica.
Alessandro Baricco, novelista, dramaturgo e periodista italiano nado en Turín. Dirixiu un programa de libros e fundou unha escola de técnicas de escritura. Escritor alonxado dos medios de comunicación, apenas concede entrevistas, centrado na busca dun alto nivel de esixencia literaria. Converteuse nun fenómeno literario mundial coa publicación de Seda, levada ao cine no 2007. A película está centrada no aspecto estético, cunha fotografía moi coidada, que intenta transmitir as sensacións da prosa poética do autor da novela.

Comentarios

Andrea Romar 4ºC ha dicho que…
Este libro gustoume moito ,porque conta unha historia interesante ,simple e entretenido .
César Carvalhal ha dicho que…
As primeiras impresions de leer este libro foron boas,é un libro simple pero tamén ben pensado e entretido xa que da moito de que falar.
Paula Romar Lema 4ºC ha dicho que…
Este libro gustoume porque e muy simple,pero moitas cousas que pensar.
Vanina ha dicho que…
Un libro simple de primeras pero en canto reflexionas sobre o seu verdadeiro significado chega a ser unha gran reflexion