CARTAS DE INVERNO
                                                  Agustín Fernández Paz
Despois dunha longa estadía en Québec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atopa as cartas que o seu amigo Adrián lle escribira na súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que enfrontarse a misterios que tal vez as persoas nin tan sequera somos quen de imaxinar. A narración está estruturada ó xeito das monecas rusas: unha voz (en terceira persoa) que dá paso a outra voz (en primeira), que a súa vez dá paso tamén a outra voz (tamén en primeira persoa). E cando esta acaba, unha recuperación escalonada e simétrica das voces anteriores. Cartas de inverno recibiu o Premio Rañolas, ó mellor libro infantil e xuvenil galego do ano 1995.

Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947) foi un dos escritores máis coñecidos e valorados no ámbito da literatura infantil e xuvenil, en Galicia e no conxunto de España. Foi autor de máis de corenta e cinco títulos dirixidos preferentemente a lectores xuvenís. Os seus libros, escritos en galego, tradúcense habitualmente ás outras linguas españolas: castelán, catalán e eusquera. Tamén ten diversos títulos traducidos ao portugués, coreano, francés, árabe e italiano. Os seus libros obtiveron numerosos premios, en Galica, en España (Premio Nacional de Literatura) e en diferentes países, con dous títulos seus no prestixioso "Catálogo White Ravens da International Youth Library". Agustín Fernández Paz, persoa sinxela e entrañable, foi sempre un gran defensor da nosa lingua ao tempo que un gran defensor da calidade literaria da Lit. Xuvenil.

Comentarios

Naira ha dicho que…
Me gusto, fue interesante.
Paula Carril 1A ha dicho que…
Non me gustou moito porque o principio era moi aburrido e repetitivo
Rosalia 1º. A ha dicho que…
Non me gustou moito,non me parecio interesante
Carla Sar ha dicho que…
PARECIOME INTERESANTE PERO NON GUSTOU MOITO
Iker1ºB ha dicho que…
NON ME GUSTOU UNHA PARTE PORQUE É MOI REPETITIVA CON TANTA CARTA.PERO O DEMAIS GUSTOUME
paula1B ha dicho que…
gustoume porque o misterio e a intriga obligábanme a seguir leendo
Ana 1ºA ha dicho que…
Gustoume moito porque era de medo e misterio e foi moi interesante.
samuel vidal gerpe ha dicho que…
es muy interesante y da bastante yuyu
alba1ºb ha dicho que…
non o lein pero polo resumen pareciome interesante
gabriel ha dicho que…
gustoume poque estaba a biblia
Martina 1º A ha dicho que…
Gustoume moito polo resumen que dixeron os meus compañeiros,que eu non o lein
Soraya 1º B ha dicho que…
Non o leín, solo o principio e non me gustara, pero co resumen que fixeron creo que está moi ben e gustoume porque era de medo e misterio.
fatima ha dicho que…
é un libro moi entretido por todo o misterio
Botana ha dicho que…

Gran libro melor mellor que calquera que leeramos no club gracias a todao por ter posto esta obra de arte no clib de lectura
lucas 1b ha dicho que…
non me gustou moito pero non ta mal
Anónimo ha dicho que…
non me justuo