O CORAZÓN DE XÚPITER
Ledicia Costas
Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba adoito. Alí coñeceu a Xúpiter, alguén que semellaba saber moito de estrelas. As longas conversas até ben entrada a madrugada prenderan unha luz, entre os dous existía unha maxia que traspasaba as fronteiras do ciberespazo. Isla sentiu a necesidade de sabelo todo sobre Xúpiter: onde vivía, a que instituto ía, o seu nome real… Quedaron para se coñecer nunha noite de San Xoán de cacharelas e mar embravecido. Foi entón, despois de despedirse da súa amiga Mar, cando Isla se precipitou na escuridade. A súa vida estaba a piques de cambiar para sempre.

Ledicia Costas: Nacín en Vigo alá polo 1979, cando o verán estaba a piques de morrer. Neta dun inventor e filla de dous creadores de soños, escribo desde que teño memoria. Debutei na colección Fóra de Xogo coa novela Unha estrela no vento (Xerais 1999), obra escrita en plena adolescencia. O corazón de Xúpiter (Xerais 2012) é a miña segunda novela.Síntome poeta con alma de equilibrista, porque recito nos lugares máis propicios á caída: no autobús, no supermercado, nos bares, en tendas de conxelados… E debe ser por iso que formo parte do colectivo Poetas da Hostia. A día de hoxe formo parte da directiva de Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), son avogada a tempo parcial e poeta a tempo completo. E nas horas libres escribo novela, que é a miña verdadeira paixón.

Comentarios

Elena Devesa2º B ha dicho que…
Gustoume moito o libro pero doume moito medo cando Caín saliu do armario
Alba 3ºA ha dicho que…
A min gustoume moito o libro, pero o final era moi obvio.
iván 3º"A" ha dicho que…
non me gustou polo mero feito de estar en gallego
Ángel Olveira 3º A ha dicho que…
O libro pareceume moi entretido, trata moi ben o tema das redes sociais sen resultar aburrido ou pesado.
Andreés ha dicho que…
A verdade e que non me gustou moito porque os libros en galego non me gustan
Noa Tedín Allones 3ºA ha dicho que…
Gustoume moito o libro xa que é entretido e cada capítulo gustábame máis e máis
recomendoó moito.
Ari 3ºA ha dicho que…
O libro gustoume e engancha bastante.
María ha dicho que…
Gustoume un montón porque son cousas que pasan a miudo·
Laura Sar 3ªA ha dicho que…
o libro pareceume moi ben porque fala dunha situación que sudcede a día de hoxe, da unha lección do que non debes facer á hora de coñercer a xente descoñecida.
Borja ha dicho que…
El final fué impactamte.
Álvaro 3A ha dicho que…
Estuvo bastante ben pero enrollábase co tema da astronomía.