O vixía no centeo

Resultado de imagen de o vixía no centeno J.D. Salinger
Publicada orixinalmente en 1945, a obra mestra de Salinger converteuse inmediatamente nunha obra de culto de toda unha xeración de lectores. A impresionante forza con que o adolescente protagonista mírase a si mesmo é dunha brillantez sostida como só moi poucos autores poden lograr. As peripecias do adolescente Holden Cauldfiel nunha Nova York que se recupera da guerra influíron en sucesivas xeracións de todo o mundo. Na súa confesión sincera e sen andrómenas, Holden desvélanos a realidade dun raparigo enfrontado ao fracaso escolar, ás ríxidas normas dunha familia tradicional, e á experiencia da sexualidade máis aló do mero desexo.


Resultado de imagen de jd salingerJ. D. Salinger Nova York, 1919 - Cornish, New Hampshire, 2010) Escritor estadounidense. Empezou a súa carreira literaria en 1940, coa publicación en diversas revistas do seu país de relatos e pezas teatrais, que escribira durante unha estancia en Europa. En 1942 alistouse no exército e participou en diversas accións bélicas, entre elas o desembarco de Normandía. Durante a súa época de combatente iniciou a redacción da súa obra máis coñecida, O gardián entre o centeo (1951), novela escrita desde o punto de vista dun adolescente enfrontado á hipocrisía do mundo adulto, e que contén grandes doses de ironía. A obra obtivo un éxito espectacular e foi rapidamente traducida a diversos idiomas. Seguíronlle algúns volumes de relatos (Fanny e Zooey, 1961; Levantade, carpinteiros, a viga do tellado, 1963; Seymour: unha introdución, 1963), escritos desde un buscado illamento nunha granxa, onde viviu xunto coa súa esposa e os seus fillos.


Comentarios

Laura3ºA ha dicho que…
O libro non me gustou moito a verdade. Paréceme moi soso e non é o meu estilo de libro, aínda así non desprezo a perwsonalidade do libro.
Noa Tedín Allones 3ºA ha dicho que…
A verdade e que non me gustou moito o libro, pode ser que non sexa do meu estilo e non é moi entretenido prefiro outro tipo de lecturas
Ana 3B ha dicho que…
NON ME GUSTOU O LIBRO PORQUE E MOI SOSO E MOI APAGADO
Alba 3ºA ha dicho que…
A min o libro decepcionoume un pouco porque pensaba que tiña unha trama distinta.
Álvaro 3ºA ha dicho que…
O libro non me gustou porque tardaba moito tempo en explicar unha tontería, sen mencionar que o protagonista cambiaba de tema unha vez por capítulo.
Anxo ha dicho que…
Non me gustou porque non o entendin ben e perdinme moito
Iván3ºA ha dicho que…
gustoume máis que o outro por como se desarrolla a historia
Ari 3ºA ha dicho que…
A min o libro gustoume porque narraba a historia cunha linguaxe natural e coloquial e acontecía de forma rápida.