MATHIAS MALZIEU
Este mes, o club de 1ºESO leu La mecánica del corazón, relato áxil e fresco que fai lembrar a estética doutros narradores de moita sona como Tim Burton, creador de mundos particulares.
A historia narrada en forma de conto relata a vida de Jack, un personaxe que como acontece na maioría dos relaos épicos, nacerá condicionado polo seu destino e pola súa propia loita existencial na procura da felicidade e do amor. Mais... que tipo de amor? Con certeza, os lectores e lectoras do club traen moitas aportacións e puntos de vista diferentes.
Se quedades con ganas de máis, sabede que esta historia foi levada ao cinema. Velaquí o trailer do filme!
Comentarios