O CENTRO DO LABIRINTO

 AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ



O clube de 2ºESO reuniuse desta volta arredor da obra O centro do labirinto de Agustín Fernández Paz para conversar sobre unha novela con toques fantásticos e futuristas que encerra todo o realismo do mundo que vén.

O grupo falou dos personaxes, das súas relacións persoais non moi diferentes das que teñen eles e, tamén identificaron moitos dos riscos dun mundo global e uniforme.

A sesión deu tamén para unha partida de kahoot elaborado para a ocasión que lle puxo unha nota de nervios e emoción á parte final do encontro.

Con esta lectura despedimos os nosos encontros mensuais.

Comentarios