19/2/16

PARQUE MUERTE
Fernando Lalana
          Foi Eufemiano Cordiais, asesor de imaxe e xefe de prensa da multinacional armamentística española "Pistolas e proxectís, S. A", quen propuxo crear PARQUE MUERTE para mellorar a mala imaxe da empresa atraendo a nenos e familias. Segundo el, aos nenos a morte fascínalles. A morte e todo o que teña que ver con ela: os cemiterios, os vampiros, os zombis, os crimes, os cadaleitos, as pantasmas, as funerarias, as autopsias... E en efecto, todo funcionou segundo os seus plans ata que, ao cumprirse un ano da súa inauguración, produciuse unha situación realmente inaudita e, en certo xeito, aterradora, que podía dar ao traste cos plans dos seus propietarios, unha situación que, por suposto, se ocultou á opinió pública. Entón decidiron contratarme como detective privado...

Fernando Lalana nace en Zaragoza en 1958, cidade na que aínda reside. Tras estudar Dereito encamiña os seus pasos cara á literatura. Desde entón publicou máis de oitenta libros coas principais editoriais españolas do sector infantil-xuvenil.
Lalana gañou varios premios de Literatura Xuvenil: Gran angular (3 veces), Barco de Vapor, o da "Junta de Andalucía" e o Nacional de Literatura Xuvenil (por "Morirás en Chafarinas", levada ao cine). Apaixonado do teatro (Los pieles rojas no quieren hacer el indio), Fernando Lalana foi membro fundador do grupo Teatro Incontrolado e colaborou con diversas compañías e grupos independentes zaragozanos.

16/2/16

UNHA ESTRELA NA BIBLIO
Ledicia Costas


 A vida do protagonista xira en torno ao instituto, a profe que lle ten “manía”, a familia e un bar onde se reúnen todos para xogar ó billar. O grupo de colegas, a propia identidade dentro do grupo, o ambiente de instituto, os problemas cos pais, o amor adolescente, a rivalidade entre pandas... son todos ingredientes desta narración.Os problemas propios da idade, o enfrontamento co mundo adulto, a afirmación da propia personalidade... xúntanse a unha proliferación de conflictos que, aínda sendo ficción, sabemos que se poden dar na realidade.


Outros aspectos importantes son a presencia de personaxes do pobo xitano e a dificultade da relación cos paios, rompendo antigos prexuícios, e a introducción dun personaxe con minusvalía que ha de moverse en cadeira de rodas... Todo esto fai que ese mundo de panda adolescente amplíe as súas fronteiras e os seus problemas. Xa non son unicamente problemas persoais ou familiares senón que acaden horizontes máis amplos.
Unha historia tráxica que fará medrar a personalidade do protagonista.
 Tivemos a sorte de poder conversar con Leicia, aínda lamentando non poder tela en persoa. Ca sabedes moitas cousas dela. Para que non se esquezan deixo aquí unha copia da información que tedes no folletiño informativo:


5/2/16

O Lápis do carpinteiro
(Manuel Rivas)
 O lapis do carpinteiro cóntanos unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posguerra entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da "realidade intelixente" do doutor Novoa Santos. Fronte a eles Herbal, o garda da cadea da Falcona, e logo da prisión da Coruña, que verá restaurada a súa condición de ser humano por obra e gracia de tantas formas de amor como o lapis do carpinteiro lle foi ensinando a debuxar.

 Este lapis de carpinteiro é testemuño mudo dunha traxedia curativa, unha metáfora de tódalas guerras e unha loita contra o esquecemento, que demostra o poder do amor.

 Manuel Rivas é o autor da obra. Nado na Coruña, a  súa obra, escrita en galego, está traducida a máis de vinte linguas e publicada polas máis prestixiosas editoriais do mundo. È ben coñecido na zona, xa que viviu un tempo en Vimianzo e volta por aquí con certa frecuencia. Para moitas, ademáis, é coñecido por ser o pai de Martiño Rivas (a que si!!). A día de hoxe é un dos escritores de máis categoría no panorama literario galego e español. A versión cinematográfica é moi fiel ao libro e vos axudará a entender mellor e situar no tempo os acontecimentos narrados.