5/2/16

O Lápis do carpinteiro
(Manuel Rivas)
 O lapis do carpinteiro cóntanos unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posguerra entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da "realidade intelixente" do doutor Novoa Santos. Fronte a eles Herbal, o garda da cadea da Falcona, e logo da prisión da Coruña, que verá restaurada a súa condición de ser humano por obra e gracia de tantas formas de amor como o lapis do carpinteiro lle foi ensinando a debuxar.

 Este lapis de carpinteiro é testemuño mudo dunha traxedia curativa, unha metáfora de tódalas guerras e unha loita contra o esquecemento, que demostra o poder do amor.

 Manuel Rivas é o autor da obra. Nado na Coruña, a  súa obra, escrita en galego, está traducida a máis de vinte linguas e publicada polas máis prestixiosas editoriais do mundo. È ben coñecido na zona, xa que viviu un tempo en Vimianzo e volta por aquí con certa frecuencia. Para moitas, ademáis, é coñecido por ser o pai de Martiño Rivas (a que si!!). A día de hoxe é un dos escritores de máis categoría no panorama literario galego e español. A versión cinematográfica é moi fiel ao libro e vos axudará a entender mellor e situar no tempo os acontecimentos narrados.